VERDADEIRO OU FALSO? O plástico que usamos todos os días non ten nada que ver co cambio climático
FALSO. O plástico contamina moito e a súa fabricación e destrución liberan gases que contribúen ao cambio climático
ESCOLLE. Que gas está máis relacionado co cambio climático? a) Osíxeno b) Dióxido de carbono (CO₂) c) Nitróxeno
b) Dióxido de carbono (CO₂)
ESCOLLE. Cal destes non é un efecto do cambio climático? a) Aumento das temperaturas b) Ter máis árbores nas cidades c) Derretemento dos polos
b) Ter máis árbores nas cidades
VERDADEIRO OU FALSO? As temperaturas da Terra sempre foron iguais ao longo da historia
A temperatura da Terra variou moitas veces ao longo da historia, pero o quecemento actual está sucedendo moito máis rápido debido ás actividades humanas
ESCOLLE. Que pasaría se os polos seguen derreténdose? a) Subiría o nivel do mar b) Faría máis frío en todo o mundo c) O clima quedaría igual
a) Subiría o nivel do mar
VERDADEIRO OU FALSO? O cambio climático significa que fai máis calor en verán e máis frío en inverno
FALSO. O cambio climático provoca cambios a longo prazo no clima do planeta, non só máis calor no verán ou máis frío no inverno.
VERDADEIRO OU FALSO? O cambio climático pode provocar máis fenómenos meteorolóxicos extremos como tormentas e sequías
VERDADEIRO
VERDEIRO OU FALSO? O cambio climático non nos afecta porque vivimos en Galicia
FALSO. O cambio climático afecta a todo o mundo, incluída Galicia. Pode provocar a subida do nivel do mar, cambios no clima, máis incendios forestais...
VERDADEIRO OU FALSO? As fábricas e os coches botan gases ao aire que quentan o planeta
VERDADEIRO
ESCOLLE. Que actividade humana contribúe ao cambio climático? a) A deforestación b) Reciclaxe c) Usar enerxía solar
a) A deforestación
VERDADEIRO OU FALSO? Auga quente ou fría usada de forma excesiva no día a día non ten impacto no cambio climático
FALSO. O uso excesivo de auga pode contribuir ao cambio climático debido ao consumo de enerxía, que pode emitir gases contaminantes
VERDADEIRO OU FALSO? As talas masivas de árbores axudan a reducir o cambio climático
FALSO, porque menos árbores = máis CO₂ na atmosfera
VERDADEIRO OU FALSO? Os animais e as plantas tamén sofren as consecuencias do cambio climático
VERDADEIRO
VERDADEIRO OU FALSO? O cambio climático é un proceso completamente natural e os humanos non temos nada que ver
FALSO. O cambio climático pode ocorre de forma natural, pero na actualidade está acelerado pola acción humana por diversos motivos
ESCOLLE. Como se chama o fenómeno que atrapa calor na atmosfera? a) Cambio climático b) Efecto invernadoiro c) Buraco de ozono
b) Efecto invernadoiro
VERDADEIRO OU FALSO? O tempo e o clima son exactamente o mesmo
FALSO. O tempo refírese ás condicións meteorolóxicas dun día concreto (se chove ou fai sol), e o clima é o patrón de tempo nunha rexión ao longo de moitos anos
Your experience on this site will be improved by allowing cookies.