Study

ECOSISTEMAS REPASO TEMA

  •   0%
  •  0     0     0

  • Cal é o noso bioma?
    Bioma de zonas temperadas, bosque caducifolio
  • Que é o biótopo?
    Medio físico no que habitan os seres vivos e as condicións ambientais
  • Dime 3 factores abióticos que viramos no tema
    Temperatura, humidade, luz
  • Que dúas formas hai para representar quen como a quen nun ecosistema?
    As redes e cadeas tróficas
  • Dime 3 niveis tróficos
    Produtores, consumidores, descompoñedores
  • Por que está composto o solo?
    Materia orgánica (seres vivos, restos orgánicos e humus) e materia inorgánica
  • Que tipo de relación ten lugar entre unha carracha e un xabarín?
    Interespecífica, parasitismo
  • Que tipo de relación se da nun banco de peixes?
    Intraespecífica, gregaria
  • A que nivel trófico pertence unha miñoca?
    Consumidor, detritívoro
  • Dime 2 motivos polos que sexa importante o solo
    Base dos ecosistemas / enraizan as plantas/ almacena auga...
  • Que é a biocenose?
    Comunidade ou conxunto de poboacións que comparten un mesmo biótopo
  • Cales son os biomas de zonas frías?
    Deserto polar, tundra e taiga
  • A que nivel trófico pertence unha bacteria?
    Descompoñedores
  • V ou F? o maior ecosistema que hai é a ecosfera
    Verdadeiro
  • Dime unha adaptación dos animais á humidade
    Cascaras dos ovos/ pel húmida dos anfibios...
  • Como se chama a zona máis próxima á costa?
    Zona nerítica
  • Que tipo de relación ten lugar nun lique?
    Interespecífica, mutualismo, concretamente simbiose
  • Que tipo de relación ten lugar nunha colmea?
    Intraespecífica, estatal ou sociedades
  • Dicídeme unha adaptación dos seres vivos á luz ou falta dela
    Morcegos empregan sonar/ Curuxas ven moi ben de noite...