Study

Conectores textuais

  •   0%
  •  0     0     0

  • “Estuda moito __________ aprobar o exame.”
    para, co fin de, a fin de
  • Completa a frase cun conector de causa: “Chegou tarde ao instituto __________ perdeu o autobús.”
    porque, xa que, debido a que
  • “Non me gusta moito o peixe; __________, intento comelo porque é saudable.”
    con todo
  • Verdadeiro ou falso: “Os conectores só se usan en textos escritos.
    Falso. Tamén se usan na lingua oral para organizar o que dicimos
  • “Quería ir á festa, _______ non tiña ganas de ver a ninguén.”
    pero, porén, aínda que
  • Completa: “Non fun ao cine _______ estaba doente.”
    porque, xa que, debido a que
  • Imos organizar isto: “_______ espertamos, _______ almorzamos, e _______ fomos ao cole.”
    Primeiro, despois, finalmente
  • Se queres engadir unha idea máis á anterior, cal destas opcións escollerías? a) así que b) ademais c) porén
    ademais — porque é un conector de adición
  • Que palabra empregarías se queres engadir máis información ao que xa dixeches? Por exemplo: “Gústame ler. ________, tamén me encanta escribir.”
  • Podes crear unha frase que leve un conector de resumo ou conclusión?
    En resumo...
  • “Hai moitos deportes interesantes, ________ o balonmán, o voleibol e o hóckey.”
    por exemplo, coma, como
  • “Estaba moi canso, __________ seguiu traballando.” Que opción encaixa mellor se queres mostrar un esforzo?
    aínda así, con todo, porén
  • Verdadeiro ou falso: “Os conectores poden cambiar o significado dunha frase segundo cal escollas.”
    Verdadeiro. Non é o mesmo dicir ‘por iso’ que ‘aínda que’
  • E se xa estás rematando de explicar algo e queres resumir, que conectores podes usar?
    En resumo, para rematar, en definitiva
  • Que palabra empregarías se queres engadir máis información ao que xa dixeches? Por exemplo: “Gústame ler. ________, tamén me encanta escribir.”
    Ademais, Tamén
  • “Estudou moito, _______ aprobou o exame.”
    así que, polo tanto, en consecuencia
  • Como completarías: “Hai moitas froitas que me gustan, _______ a mazá ou a laranxa.”
    por exemplo, como
  • Ordena estas frases usando conectores de tempo: fomos ao cine ceamos na casa rematou a película
    Primeiro fomos ao cine, despois rematou a película e, finalmente, ceamos na casa.
  • “Quería saír á rúa, _______ estaba chovendo.”
    pero, porén, con todo
  • r: Cal é o conector nesta frase? “Non estudou moito; por iso, suspendeu o exame.”
    por iso