Study

IMPERIO ROMANO

  •   0%
  •  0     0     0

  • Como se chama a arte cristiá primitiva?
    Arte Paleocristiá
  • Que é o senado?
    Formado por anciáns maxistrados tiñan moita autoridade e aprobaban as leis.
  • Que é o circo?
    Lugar onde se realizaban carreiras de cuadrigas.
  • Quen foi o primer emperador de Roma?
    Octavio Augusto
  • En que lugar naceo o xudaísmo?
    No reino de Israel.
  • Que lingua falaban os romanos?
    Latín
  • Que significa Augusto?
    Elixido polos deuses.
  • Nomea algún dos problemas do Imperio Romano no século III
    Problemas militares (fronteiras inseguras), problemas políticos (golpes de estado e cambios de emperador) e problemas económicos e sociais (falta de escravos..)
  • Como se coñeceu tamén ao Imperio Romano de Oriente?
    Bizancio ou Imperio Bizantino
  • Como se chamabas as cidades?
    Urbs
  • Que zona conquistaron os Romanos?
    Todo o territorio bordeado polo Mediterráneo.
  • Que é a curia?
    Sede do Senado
  • Que son os escravos?
    Moi numerosos e realizaban traballos duros. Pertencían a outra persoa.
  • Quen podía participar nos comicios?
    Homes coa cidadanía romana
  • En qué ano caeu o Imperio Romano de Occidente?
    476
  • Que son as ínsulas?
    Vivendas de varios andares onde se amoreaba a plebe.
  • Que son os libertos?
    Escravos liberados cuxos fillos podían ser cidadáns
  • Quen se fixo co poder ao final da República e deu paso ao Impero?
    Xulio César
  • Que animal amamantou a Rómulo e Remo?
    Unha loba
  • Como se chamaban os pobos de ameazaban ao Imperio Romano?
    Bárbaros
  • Que monumento conmemorativo se pode ver na imaxe?
    Arco de triunfo
  • Cal é o maxistrado de maior rango?
    Cónsul
  • Como se chamaba a minoría de familias aristocráticas que gobernaban?
    Patricios
  • Que consecuencia económica e social tiveron as conquistas?
    Os ricos enriquecéronse e os pobres arruináronse.
  • Ao principio que tipo de relixión tiñan os romanos?
    Politeísta
  • Que son as domus?
    Casas individuais e luxosas.
  • Que son os mosaicos?
    Obras realizadas con pequenas pezas de cerámica de cores que tiñan decoración xeométrica.
  • Como se chaman as linguas que veñen do latín? Nomea algunha
    Linguas Romances. Castelán, galego, catalán...
  • En que grupos estaba dividida a sociedade romana?
    Nobilitas/Patricios, plebeos, libertos, escravos
  • En que edificio están as principais achegas: arcos, bóvedas e cúpulas?
    Panteón
  • O pobo hebreo mantivo a súa identidade grazas ao...
    xudaísmo
  • Que son as catacumbas?
    Cemiterios subterráneos onde se celebraban cerimonias fúnebres.
  • Onde tiñan que facer o culto os cristiáns?
    Clandestinamente en casas privadas ou catacumbas
  • Que é o Mare Nostrum?
    O mar Mediterráneo
  • Que son os nobilitas?
    Cidadáns privilexiados ou plebeos moi ricos
  • Que son as basílicas?
    Lugar onde se permitía congregar a un gran número de cristiáns.
  • Que edificio de ocio se pode ver na imaxe?
    Circo
  • Cales son os tres órganos de goberno da república romana?
    Comicios, maxistrados e senado.
  • A que heroe grego uniron a creación de Roma?
    Eneas
  • Quen foi o último emperador romano?
    Rómulo Augústulo, un neno de 10 anos.
  • Que fixo o emperador Diocleciano para intentar solucionar os problemas do Imperio?
    Creou unha tetrarquía, dividindo o imperio en 4.
  • Como se chamaba a rúa dirección leste-oeste?
    Decumano
  • Que tipo máis común se daba na antiga Roma?
    Pintura ao fresco
  • Que obra de enxeñería se pode ver na imaxe?
    Ponte
  • Que monumento conmemorativo se pode ver na imaxe?
    Columna
  • Que fixo o emperador Teodosioi para intentar solucionar os problemas do Imperio?
    Dividiu o Imperio entre os seus dous fillos.
  • Que é o culto imperial?
    O emperador era un deus ao que debía rendirse culto en todo o imperio.
  • Como se chamaba a rúa dirección norte-sur?
    Cardo
  • Como eran os deuses romanos?
    Inmortais, con aspecto humano e poderes extraordinarios.
  • Que relixión foi relixión oficial de todo o imperio?
    O cristianismo
  • Que lle era Octavio Augusto a Xulio César?
    Fillo adoptivo
  • Que é o xudaísmo?
    Relixión monoteísta que proclama un só deus.
  • Que son os comicios?
    Asembleas nas que se reunían os cidadáns para votar leis e elexir maxistrados.
  • Que son as termas?
    Espazos onde podían recibir masaxes e tomar baños.
  • Que pasa no ano 476 coa caída do Imperio Romano?
    Remata a Idade Antiga e da lugar á Idade Media.
  • Quen é o Tribuno da plebe?
    Representante dos plebeos nos comicios.
  • Quen gobernaba nas provincias romanas?
    Gobernadores
  • Como se chamaban os dous xemelgos da orixe mitolóxica de Roma?
    Rómulo e Remo
  • Que se pode ver na imaxe?
    Catacumbas
  • Que se pode ver na imaxe?
    Símbolo que se usaba para identificar cristiáns.
  • Como se chama o centra da vida pública e social no que se unían as dúas grandes rúas?
    Foro
  • Nomea 6 deuses romanos e de que eran deuses.
    Júpiter, Juno, Diana, Apolo...
  • Que son os maxistrados?
    Persoas elexidas para determiandos cargos.
  • Que é o anfiteatro?
    Lugar onde se realizaban combates de gladiadores
  • Como se dividiu o Imperio e cales eran as capitales?
    Imperio Romano de Occidente en Roma e Imperio Romano de Oriente en Constantinopla.
  • Que obra de enxeñería se pode ver na imaxe?
    Acueducto
  • De que foi acusado Xesús e como morreu?
    Foi acusado de impostor e rebelde contra Roma e foi condenado a morrer na cruz.
  • Que pobos habitaban a península itálica antes da creación de Roma?
    Latinos, sabinos e etruscos
  • Quenes deron unha orixe prestixiosa a roma?
    O poeta Virxilio e o historiador Tito Livio
  • Que tipo de goberno tiña a república romana?
    Oligarquía
  • En que monte se creo a Roma Primitiva?
    No monte Palatino
  • Que son a plebe?
    Gran masa de campesiños e asalariados urbanos
  • Que poderes tiña o emperador romano?
    Convocar ao Senado, ditaba leis, xefe do exército, gran pontífice...
  • Onde se narraban as historias dos deuses?
    Poemas míticos ou mitos
  • Como se chamaban os campesiños, artesáns, etc?
    Plebeos
  • Cal é a característica principal da arquitectura romana?
    Funcionalidade
  • Cal foi o primer rei de Roma?
    Rómulo
  • Cal foi a seguinte etapa da cidade de Roma trala monarquía?
    República
  • Onde naceu Xesús de Nazaret?
    Xudea
  • Como se dividía o exército romano?
    En lexións e cada una en centurias.
  • Que edificio de ocio se pode ver na imaxe?
    Termas
  • Como se chamou o período de paz que durou dous séculos?
    Pax Romana
  • Que pasou ao principio cos cristiáns en Roma?
    Foron perseguidos e sufriron torturas.
  • Que edificio de ocio se pode ver na imaxe?
    Anfiteatro
  • Que fixo o emperador Constantino para intentar solucionar os problemas do Imperio?
    Fundar unha cidade en Oriente, Constantinopla
  • Que edificio se pode ver na imaxe?
    Teatro romano
  • Cal foi a gran innovación da escultura romana?
    O retrato