Study

2.2. CCSS - Hisdrofera e xeosfera

  •   0%
  •  0     0     0

  • Que é o curso alto dun río?
    É o lugar onde nace o río, entre montañas con moita pendente.
  • Que é o curso baixo dun río?
    Onde se atopa a desembocadura.
  • Que son os océanos?
    Son enormes extensións de auga salgada que cobren gran parte da superficie da Terra.
  • En qué consiste o ciclo da auga?
    Nos cambios de estados que sufre a auga ao circular polo planeta.
  • Que é o curso medio dun río?
    É a parte de terreo máis chan na que o río ensancha.
  • Cantos continentes se atopan na Terra?
    Seis. América, Asia, Oceanía, Europa, África e a Antártida.
  • En qué estados atopamos a auga do planeta?
    En estado líquido na súa mayoría, en estado gasoso na atmósfera e en estado sólido nas zonas máis frías.
  • Que ocorre durante a condensación no ciclo da auga?
    O vapor de auga sobe, arrefría e condénsase, formando as nubes.
  • Cales son as partes do curso dun río?
    O curso alto, o curso medio e o curso baixo.
  • Que fases forman o ciclo da auga?
    A evaporación, a condensación, a precipitación, a filtración e o transporte.
  • En cantas partes se divide a xeosfera?
    En tres: na codia, no manto e no núcleo.
  • Que son os mares?
    Son extensións de auga salgada de menor tamaño e profundidade ca os océanos.
  • Que ocorre durante a evaporación no ciclo da auga?
    A calor do Sol converte a auga do mar e dos lagos en vapor.
  • Que ocorre durante a precipitación no ciclo da auga?
    As nubes descargan a auga.
  • Que ocorre durante o transporte no ciclo da auga?
    Parte da auga das precipitacións flúe polos ríos, que a levan de novo ao mar.
  • Que ocorre durante a filtración no ciclo da auga?
    A auga penetra no chan e sae á superficie nos mananciais.
  • Que océanos existen no planeta?
    O Océano Pacífico, o Océano Atlántico, o Océano Índico, o Océano Glacial Ártico e o Océano Glacial Antártico.
  • Que son os ríos?
    Son correntes de auga doce que seguen un leito.